17:42 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

ES TIEMPO PARA UN RETRATO POLITICO ANTE LA CRISIS HABITACIONAL, LA AMBIGÜEDAD NO ES UNA OPCIÓN

Stop Desafiuzamentos de A Coruña ha presentado su propuesta por registro

A Coruña, a 4 de Abril de 2018

Mocion por el Derecho a Vivienda

El pasado 23 de Marzo de 2018 Stop Desafiuzamientos de A Coruña presentó en el registro del Concello una propuesta de Moción por el derecho a vivienda para el pleno del Lunes 9 de Abril y la hizo llegar a los grupos políticos municipales.

Es una propuesta elaborada y revisada, compartida con los grupos políticos con representación municipal, y no por primera vez... Es tiempo de que el trabajo y el diálogo rindan sus frutos.

El trabajo desde la sociedad está hecho y se sigue haciendo día a día. La pelota está AHORA en el campo de la política, una vez más... Si la voluntad de la política es el servicio a los ciudadanos es tiempo de que se vea.

informacioncolaborativa.opennemas.com  |  04 de Abril de 2018 (22:45 h.)
Más acciones:

A Coruña, a 4 de Abril de 2018

Mocion por el Derecho a Vivienda

Es tiempo para un retrato político, los apoyos han de reflejarse con hechos, no solo con palabras y los ciudadanos deberian tomar nota de lo que deciden, porque el derecho a vivienda es un derecho fundamental para todos los ciudadanos y no admite espera, porque la espera significa más personas perjudicadas en su derecho.

La administración local es la más cercana a los ciudadanos, los representantes políticos de los grupos que toman las decisiones tienen una responsabilidad muy directa con sus conciudadanos. Es, repito:

TIEMPO PARA UN RETRATO POLÍTICO DE POSTURAS ANTE EL PROBLEMA DE LA VIVIENDA

Para juzgar los posicionamientos de los grupos políticos nada como leer el contenido de la propuesta de moción, el hecho que llegue o no a pleno y el posicionamiento de los grupos políticos al respecto es un tema muy relevante que merece toda nuestra atención.

Texto de la propuesta de la Moción de Stop Desafiuzamentos A Coruña de protección del derecho a vivienda presentada por registro en el ayuntamiento de A Coruña para el pleno del próximo 9 de Abril de 2018:

"PROPOSTA DE MOCIÓN QUE PRESENTA STOP DESAFIUZAMENTOS AO CONCELLO DA CORUÑA PARA A SÚA APROBACIÓN NO SEGUINTE PLENO ORDINARIO SOBRE O S DESAFIUZAMENTOS E PROTOLOCO DE ACTUACIÓN ANTI-DESAFIUZAMENTOS.

( A Coruña , a 23 de Marzo do 2018 )


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.-
A actual crise impactou de xeito dramático na vida de moitas persoas, que a causa de dificultades económicas sobrevidas non poden cubrir as súas necesidades máis básicas entre elas a da vivenda. Esta situación levounas á imposibilidade de facer fronte ás cotas hipotecarias ou de aluguer do seu fogar, que se traduciron en miles de desafiuzamentos en todo o estado.


Centenares de milleiros de persoas viron vulnerado o seu dereito á unha vivenda digna, enfrontáronse a situacións de grave vulnerabilidade, precariedade extrema, pobreza e exclusión social e residencial.


Dende 2007 ata setembro do 2015, producíronse máis de 500.000 execucións hipotecarias, segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial. Un informe presentado polo Colexio de Rexistradores da Propiedade afirma que, só durante o ano 2012, a banca quedouse con máis de 30.000 primeiras vivendas por falla no pago de créditos hipotecarios. Iso supón 115 desafiuzamentos de vivenda habitual por día . Só en A Coruña existe unha media mensual de 50 procesos de desafiuzamento.


Atopámonos ante unha situación de emerxencia habitacional que constitúe unha auténtica anomalía no contexto europeo. Esta situación vese agravada polo feito que España é o estado de Europa con máis vivendas baleiras, o 13’7% do parque total (3,5 millóns, segundo o último censo de vivenda de 2011) e cun Parque Social de vivendas claramente insuficiente (menos dun 2% da vivenda existente) , tal e como denuncia o informe Emergencia Habitacional no estado español, elaborado polo Observatori DESC.

O contexto descrito e a situación de emerxencia na que se atopa gran parte da poboación estase traducindo, tamén, nun significativo aumento das ocupacións de vivendas nos municipios. Un xeito de acceso á vivenda que aumenta o grao de vulnerabilidade social dos que se ven abocados a recorrer a esta solución. As administracións locais, infradotadas de recursos, son as que primeiro reciben o impacto social desta situación, ao seren as máis próximas ás
persoas, ademais de exercer competencias en materia de servizos sociais.

A falta de recursos das administracións locais para facer fronte á problemática contrasta cos milleiros de pisos en desuso que acumulan as entidades financeiras e as súas inmobiliarias, actores principais e parte responsable da burbulla. Estes inmobles, a miúdo obtidos a consecuencia de execucións hipotecarias, mantéñense baleiros. Pode ser porque os propietarios estean agardando a que o prezo do mercado volva a elevarse ou porque se atopan en venda ou cun aluguer de prezos inaccesibles para gran parte da poboación. Calquera que sexa a causa, o resultado é un elevado numero de vivendas destinadas exclusivamente a unha función especulativa, eludindo a función social que debe cumprir o dereito á propiedade, segundo o artigo 33 da Constitución Española.

Moitas entidades financeiras foron, dun xeito ou doutro, rescatadas con cartos públicos. Algunhas directamente xestionadas polo Goberno a través do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB), e do traspaso de activos ao denominado “banco malo”, a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria (SAREB). Paradóxicamente, a forte inversión pública non foi destinada a cubrir as necesidades básicas da cidadanía, se non a axudas millonarias á banca, moitas delas a fondo perdido, que non implicaron ningunha
contrapartida social.

A banca tamén se beneficia dunha lexislación excesivamente favorable ós seus intereses, entrando en contradicións coa lexislación europea en defensa dos dereitos dos consumidores.

Xa son moitos os pronunciamentos do Tribunal de Xustiza da Unión Europea exisindo cambios neste senso, que non atopan a resposta axeitada do Goberno español. Moitos destes conflictos (titulizacións, clausulas abusivas, etc.), deberían rematar na nulidade dos procesos de execución hipotecaria, mais a xudicatura, de novo, posiciónase moitas veces a favor dos bancos.

A situación descrita require actuacións por parte da administración, obrigada a actuar para garantir o dereito á vivenda en virtude do mandato constitucional do artigo 47 da CE e o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (PIDESC).

Stop Desafiuzamentos ven reclamando medidas urxentes dirixidas a mobilizar a vivenda baleira en mans de entidades financeiras e para fomentar e garantir a función social da vivenda, desincentivar o uso anómalo e penalizar, se fose necesario, o uso antisocial. Así mesmo, Stop Desafiuzamentos ten denunciado moitas irregularidades cometidas antes e durante os procedementos de execución hipotecaria que diminúen a posibilidade de defensa das persoas, como o acoso ao que as afectadas se ven sometidas no momento da primeira falta de pagamento, o continuo incumprimento ou atranco ao acceso ao Código de Boas Prácticas, código que a todas luces é insuficiente e arbitrario, e a falta de lexitimación das entidades de crédito que enaxenaron a titularidade das hipotecas para reclamar o cobro das mesmas. A elo se suma o feito de que, cando as afectadas queren negociar, as entidades financeiras remítenas a “inmobiliarias” en lugar de facelo ao seu departamento xurídico.

Os antecedentes descritos recomendan a redacción da presente moción e aprobación dos seguintes acordos por parte do Pleno municipal:

ACORDOS.-
Primeiro.- Declarar A Coruña como cidade libre de desafiuzamentos.

No marco das competencias que lle corresponden, o Concello da Coruna declárase como cidade libre de desafiuzamentos e manifesta o compromiso de emprender accións dirixidas a garantir o dereito a vivenda da veciñanza, facer fronte á emerxencia habitacional e adoptar cantas medidas estean ao seu alcance dirixidas a evitar os desaloxos de vivendas familiares habituais ou de primeira residencia. O Concello non facilitará, salvo orden xudicial expresa , medios humanos ou materiais para apoiar accións de desafiuzamento, poñendo todos os recursos municipais ao servizo da resolución satisfactoria da situación das familias afectadas.

A ditos efectos, o Concello elaborará un Protocolo de actuación en caso de desamparo para unidades familiares, que garanta a cobertura das súas necesidades básicas e preste especial atención á situación dos menores , de discapacitados , de violencia de xénero , e de familias en exclusión social xustificada.

Segundo.- Adoptar e impulsar medidas dirixidas a facer fronte á desocupación inxustificada de vivendas.

O Concello da Coruña manifesta o seu compromiso na realización efectiva do dereito á vivenda digna recoñecido no artigo 47 da Constitución española, e no cumprimento do seu mandato , de promover as condicións necesarias e establecer as normas pertienentes para facer efectivo este dereito.

Nese sentido, o Concello da Coruña insta ás demais administracións públicas con competencias en materia de vivenda, ás Cortes Xerais e ao Parlamento de Galicia a adopción de medidas que garantan o dereito á vivenda, cumprindo coa función social da propiedade e co mandato da subordinación de toda a riqueza do país ao interese xeral, recoñecidos nos artigos 33 e 128.1 da Constitución.

No marco das competencias que lle corresponden, o Concello da Coruña plasmará nun Plan Municipal de Vivenda o recoñecemento da vivenda como ben de primeira necesidade e o impulso de accións dirixidas a paliar a  desocupación permanente e inxustificada das mesmas.

Terceiro.- Instar ao Parlamento de Galicia e ás Cortes Xerais a adoptar medidas legais dirixidas a loitar contra a desocupación permanente de vivendas.

A loita contra a desocupación permanente de vivendas esixe levar a cabo iniciativas lexislativas, no marco estatal , autonómico, ou municipal ; cando proceda , dirixidas a :
• Definir o concepto de vivenda en estado de permanente desocupación.
• Regular medidas de fomento, fiscais, sancionadoras ou de calquera outra natureza dirixidas a impedir que as vivendas permanezan en situación de desocupación permanente.
• Establecer procedementos que permitan á administración comprobar e declarar o estado de vivenda permanentemente desocupada e a cualificación de uso anómalo da mesma.
• Prever instrumentos dirixidos a poñer fin á situación das vivendas declaradas desocupadas, que abrangan accións coercitivas, mesmo a inclusión das vivendas no Rexistro de Solares a efectos de sometelas a un procedemento de alleamento mediante poxa pública.

Cuarto.- Instar ao Parlamento de Galicia, ás Cortes Xerais, á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a adoptar accións de protección, seguridade xurídica e amparo das familias afectadas por procedementos de execución hipotecaria que afecten á vivenda habitual.
A ditos efectos, solicítase de todos os poderes públicos, no marco das competencias que lle correspondan :
• O impulso de accións dirixidas a evitar que os procesos de execución derivados da Lei Hipotecaria afecten á vivenda habitual das familias ou rematen con débedas inasumibles por elas.
• A previsión de medidas fiscais dirixidas a lograr a cohesión social das familias en situación de desamparo, mediante a previsión legal de exencións tributarias e outras medidas similares.
Así mesmo, ínstase aos poderes públicos e axentes intervintes nos procesos de execución hipotecaria a garantir a transparencia e seguridade xurídica. En particular:
• Solicítase ao Goberno do Estado que adopte as medidas necesarias para garantir maior claridade e transparencia nos procesos de titulización, tales como declarar improcedente a inscrición rexistral do inmoble por parte da entidade financeira, na súa condición de cedente do crédito hipotecario; esixir ás entidades financeiras que publiquen na súa web,
xunto ao folleto e a escritura de constitución do fondo de titulización, a relación de activos que o compoñen; e impulsar as accións que sexan precisas para que a CNMV funcione como un verdadeiro rexistro público, que permita ofrecer ás familias afectadas, de xeito claro e accesible, a información e certificación de se a súa hipoteca foi titulizada e en qué fondo.
• Elévase ás instancias administrativas e xudiciais que correspondan a necesidade de promover a suspensión cautelar dos procesos de execución hipotecaria nos que non quede acreditada a inexistencia de titulización da débeda.
Quinto.- Impulsar desde o Concello da Coruña, no marco das súas competencias, accións dirixidas á consecución dos obxectivos e fins recollidos nesta moción.
O Concello da Coruña comprométese a levar a cabo as seguintes accións:
1ª. Crear unha Oficina Municipal de Vivenda que permita realizar cantas actuacións sexan da súa competencia para a consecución dos obxectivos e fins recollidos nesta moción.
A Oficina Municipal de Vivenda estará dirixida, entre outras funcións que lle podan ser atribuidas, a informar, asesorar, mediar e propoñer actuacións en relación con procedementos de desaloxo que afecten á veciñanza por falta de pago da hipoteca ou de aluguer.
A Oficina Municipal de Vivenda actuará coordinadamente cos servizos sociais do Concello e coa área responsable en materia de vivenda, levando a cabo, entre outras, as seguintes accións:
• Campañas de información á cidadanía sobre os seus dereitos nos procesos de execución hipotecaria e ante as entidades financeiras.
• Asistencia ás familias afectadas por procesos de execución hipotecaria, reconducindoas aos servizos sociais do Concello cando requiran de axudas ou prestacións para que se lles oriente e asigne o recurso mais idóneo.
• Elaborar propostas de actuación no marco do Plan Municipal de Vivenda dirixidas a incrementar o banco de vivendas municipais en propiedade ou aluguer, a creación dun rexistro de vivendas en permanente desocupación e similares.
• Creación dun sitio web propio, que ofreza información á veciñanza sobre as actuacións da Oficina, os recursos municipais dispoñibles para familias en procesos de desafiuzamento e orientación sobre os principais problemas e dificultades aos que deben facer fronte, como as titulizacións.
2ª. Revisar a normativa municipal para introducir medidas favorecedoras da cohesión social e de atención ás familias afectadas por procedementos de execución hipotecaria que afecten á vivenda habitual.
O Concello da Coruña comprométese, no marco das súas competencias, a revisar a normativa municipal para introducir medidas dirixidas ás familias afectadas pola perda de vivenda a causa de desafiuzamento hipotecario. Entre outras:
• Revisión da normativa reguladora das subvencións para introducir medidas orientadas a posibilitar a percepción de axudas municipais a familias que teñan débedas pendentes coa facenda municipal.
• Revisión da normativa de facenda, para favorecer o pagamento aprazado de débedas e outras medidas dirixidas a aliviar a situación de emerxencia social provocada polos procesos de desafiuzamento.
• Revisión da normativa de emerxencia social para crear instrumentos que permitan facer fronte a situacións de emerxencia derivadas de procesos de execución hipotecaria e carencia de vivenda.
A presente moción, aprobada polo Pleno da Corporación Municipal da Coruña, será remitida ao Goberno do Estado, á Xunta de Galicia, ao Congreso dos Deputados, ao Parlamento de Galicia, a formacións políticas e sindicatos, aos xuíces decanos de todas as provincias, ao Consello Xeral do Poder Xudicial, ao Banco de España, á CNMV, á s oficinas centrais das entidades financeiras con sucursais na nosa cidade e ás asociacións veciñais e plataformas contra os desafiuzamentos e pola defensa do dereito á vivenda digna"